miércoles, enero 30, 2013

novas probas


pulsar para agrandar

sábado, septiembre 22, 2007

En honor a cela

Cela
 

Escritor galego de grande renome internacional. Escribiu sobre todo en castelán obras canónicas da literatura de posguerra (La colmena, Mazurca para dos muertos e La familia de Pascual Duarte) e recibiu o premio Nobel en 1989.

Primeiros anos


* O 11 de maio de 1916, nace en Iria Flavia (Padrón), provincia da Coruña, o primoxénito da familia Cela Trulock, que é bautizado cos nomes de Camilo Xosé Manoel Xoán Ramón Francisco de Xerónimo da Colexiata de Santa María a Maior de Adina
* 1925: A familia Cela Trulock instalase en Madrid, donde é destinado o pai. Camilo Xosé é alumno do colexio dos esculapios de Porlier.
Nos anos 1931/1932 é ingresado varias veces no hospital das Navas (Guadarrama) a causa dunha tuberculose pulmonar, emprega estos periodos de repouso na lectura da obra completa de Xosé Ortega e Gasset e as colección completas dos clásicos españois de Rivadeneira, Miguel de Cervantes Saavedra e Quevedo.
* 1933: Cela conclúe os seus estudos secundarios.
* 1934: Inicia a carreira de Medicina na Universidade Complutense, pero moi pronto descoida estos estudios para asistir, na nova Facultade de Filosofía e Letras, as clases de Literatura española contemporánea de Pedro Salinas, a quen confía os seus primeiros poemas. Alí faise amigo do escritor e filólogo Alonso Zamora Vicente. Tamén establece amizade con Miguel Hernández e María Zambrano, en cuxa casa da Praza do Conde de Baraxas coñece en tertulia a Max Aub e outros escritores e intelectuais.
Dende os anos 1936 e 1939: Estoura a guerra civil, Madrid é asediada. O escritor, integrado no exército nacional, foi ferido no fronte e hospitalizado. Dentro do ano 1936 anuncia nun xornal arxentino (A Plata) a sua novela de poesía Pisando la dudosa luz del día (que se publicaría no 1945). Tamén anos despois rexeitou a dictadura de Franco e mantivo unha actitude independente e provocativa.
* 1940: Cela estudia dereito en Madrid. Empieza a publicar en España, entre elas unha hoxe desaparecida Biografía popular de San Juan de la Cruz que firma co seudónimo de Matilde Verdú e o artigo titulado Fotografías de la Pardo Bazán, que aparece no número 25 da revista Y no febreiro de ese ano. Comenza os estudios de dereito en Madrid, os cales non concluirá.
* 1942: En xaneiro conclue La familia de Pascual Duarte (unha dura historia ambientada nun pequeno pobo extremeño: reflicte o mundo popular e campesiño e a uns seres primitivos, de instintos primarios e grandes paixóns, onde destacan o odio e a violencia) que logrou fuxir da censura. Escrita cunha prosa desgarrada e crúa, foi todo un acontecemento e deu lugar mesmo a unha corrente, coñecida como «tremendismo». Sen embargo, o autor non seguiu o camiño por él marcado. Cóstalle moito encontrar un editor, tarefa na que conta co alento e a axuda do seu amigo Xosé María de Cossío, ó que Cela lle fará regalo do manuscrito. A finais de ano a obra é editada por Aldecoa en Burgos. Pío Baroja, que xa non quixo meter o seu prólogo, asustado por mor do como se poderia poñer-lo asunto, declara no xornal El español do 2 de xaneiro de 1943 que é unha novela moi boa.
* 1943: Co éxito da familia de Pascual Duarte, as revistas literarias do momento, entre elas El español e La estafeta literaria, aplauden a obra. Non obstante, é obxecto de efectivos ataques por parte de Ecclesia, portavoz da Xerarquía católica. Isto provoca que a segunda edición, sexa prohibida en novembro. Cela deixa os seus estudos de Dereito e o seu emprego para dedicarse por completo á literatura. Fruto disto sae Pabellón de reposo (que saira publicada no folletin El Español), novela que fala sobre a vida solitaria dos tuberculosos internados nos lazaretos.
* 1944: O 12 de marzo, Camilo Xosé Cela casa con María do Rosario Conde Picavea, (Charo), quen morrerá o 8 de febreiro do ano 2003. Segue escribindo e publica outra novela: Nuevas andanzas y desventuras de Lazarillo de Tormes (que se publica no semanario A Xuventude); nun intento de actualizar o xénero picaresco que non tivo moito éxito.
* 1945: Non podendo facelo en España, a terceira edición da familia de Pascual Duarte editase en Bos Aires. Tamén publica, como prometera no ano 1936, a novela de poesia Pisando la dudosa luz del día na que se denota a influencia de Rafael Alberti e Pablo Neruda e na cal manifesta unha tendencia surrealista de fondo que mantivo o longo da súa obra. A esta séguelle o seguinte libro de poesias: El monasterio y las palabras. Tamén neste ano publica o conto Esas nubes que pasan e o artigo Mesa revuelta. Cela, visto o resultado das súas publicacións, comenza a escribir en Madrid La colmena (na que se espallará o longo de case tres dias sobre 296 personaxes imaxinarios e 50 reais, enfocándoos un a un dende varios ángulos nunha época da posguerra no café de dona Rosa).
* 1946: O 17 de xaneiro nace o único fillo do matrimonio Cela Conde, Camilo Xosé. Entre o 6 e o 15 de xuño, o escritor viaxa a Alcarria, na compaña do fotógrafo Karl Wlasak e Conchita Stichaner. Cela escribe neste ano un guión para o cine: Consultaré a míster Brown.
* 1947: Ve a luz El bonito crimen del carabinero y otras invenciones, engaños y ofuscaciones. Admirador e, en parte debedor, de Pío Baroja, no 1946 decidiu facer a aventura paisaxística da Xeración do 98 e empezou a percorrer a pé paisaxes de Castela, experiencia que materializaría en varios libros de viaxes. Cela expón a sua pintura na galería Clan de Madrid e logo na sala coruñesa de Lino Pérez.
* 1948: Cela publica en Madrid a Viaje a la Alcarria (libro do xénero dos libros de viaxes). Cela é o viaxeiro que vai contando pequenas anécdotas e describindo as paisaxes e as xentes das poboacións da Alcarria por onde pasa. Co peto ás costas e a cantimplora suxeita ao cinto, o viaxeiro vai realizando o percorrido. Cando a viaxe remata o escritor deixa atrás a Alcarria coas suas notas a costas e un pouco de morriña. En San Sebastián saca á parte o Cancionero de la Alcarria, que a partir da edición de 1954, uniránse nunha mesma obra; tamén escribe e publica El cuento de la buena pipa.
* 1949: Publica o conto fabulista El gallego y su cuadrilla e Otros apuntes carpetovetónicos, onde se acentua a súa tendencia á esquematización psicolóxica e ó xogo formal. Segue a cultivar guións de cine: El sotano, que se estrearia un ano mais tarde.
* 1950: En xaneiro, estrease no cine Coliseum de Madrid, a película de [[Jaime de Mayora]], ''El sotano'', na que Cela intervén como actor, do que lle queda un bo recordo (co cal escribe outro novo guión: ''Facultad de Letras'').

1951-1975


* 1951: Despois de alguns forcexeos coa censura do governo peronista arxentino, publicase en Bos Aires A colmea, é outra das novelas mais populares de Cela, que teria unha versión cinematográfica de Mario Camus, na que él mesmo participa coma actor. É unha novela coral, que reflexa moi ben a sociedade e a cultura española e na que se narra a vida malpocada dunhos seres no Madrid dos anos despois da Guerra Civil española. Por iste motivo, é prohibida en España.
* 1952: Sae a sua primeira novela corta Timoteo o incomprendido, tamén publica duas mais de viaxes Ávila e Do Miño o Bidasoa; e antes de que remate o ano, saca a sua segunda novela corta Santa Balbina 37, gas en cada piso e un guión: O cerco do demo.
* 1953: Publica Mrs. Caldwell fala co seu fillo;  un alucinado monólogo dunha muller co seu fillo morto. A que lle seguira Café de artistas e Baralla de invencions coma novelas cortas, sen contar con outro guión de cine: Manicomio.
* 1954: Cela traslada a sua residencia de Madrid a Palma de Maiorca. Coñece a Ernest Hemingway.
* 1955: Publica A catira, novela ambientada nos circulos venezolans.
* 1956: En Palma de Maiorca, asume a dirección da revista mensual Papeles de Son Armadans, que  empreza a editar no abril dese mesmo ano e donde apareceron publicacions de moitos escritores españois do exilio durante a dictadura franquista. Saca dous novos traballos Xudeus, mouros e cristians (novela de viaxes) e O muiño de vento (novela corta). Visita, con Ernest Hemingway, O Escorial e coincide de novo con él no enterro de Pío Baroxa no mes de outubro. Cela é unha das persoas que baixan o sacrego do mestre.
* 1957: O 21 de febreiro é elixido para ocupar o sillón Q maiúscula da Real Academia Española da Lingua, vacante por finamento do Almirante Estrada. O día 26 de maio lee o seu discurso de ingreso sobre a obra literaria do pintor Solana, o que contesta o académico Gregorio Marañón. Ese mesmo ano publica Tres poemas galegos (libro de poesias), Novo retablo de don Cristobita (conto e fabulas), Caixón de sastre e A roda dos ocios (artigos), tamén escomenza a adaptar e truducir Poema do Cid, Cantar I que rematara dous anos mais tarde.
* 1958: Viaxa por duas veces a Francia e visita a Picasso na Californie. Durante o veran, recibe en Palma de Maiorca a Américo Castro e Xurxo Guillén. Iste ano publica dous libros: Historias de España, Os cegos, Os tontos e Don Pio Baroxa.
* 1959: Saen publicados varios traballos; A Cucaña (Libro dos cales alguns fragmentos foron xa publicados no ano 1953 de cara o publico a traves do Correo Literario); A verdadeira historia de Gumersinda Cosculluela, moza que prefiriu a morte a deshonra, Encarnación Toledano oa perdición dos homes, que inauguran os chamados romances do cego, A rosa libro de memorias e Primeiro viaxe andaluz (novela de viaxes; conta en notas dun vagabundo por Xaén, Córdoba, Sevilla, Huelva, e as suas terras). No mes de maio, Cela organiza e convoca dende Papeles de Son Armadans, as Conversacions poéticas de Formentor, as que acuden destacados poetas españois e extranxeiros.
* 1960: So nos encontramos cunha obra Os vellos amigos (conto e fabula).
* 1961: Catro figuras do 98 (artigo).
* 1962: Cela publica Tobogán de famentos (novela) e Grixo de fábulas sen amor (contos e fabulas), na cal aparecen debuxos de Picasso.
* 1963: Aparecen publicados O solitario e os soños de Quesada, Toreo de salón e Once contos de fútbol (contos e fabulas); Garito de hospicianos e As compañías convenientes e outros finximentos e cegueiras (artigos).
* 1964: Cela é investido Doutor Honoris Causa poa Syracuse University, primeira Universidade extranxeria quelle concede tal título (Litterarum Doctorem. en Nova York, EE.UU, o 7 Xuño do 1964) O escritor trasladase a sua nova casa da Bonanova, coa  vecindade de Xoán Miró e Robert Graves. Ese mesmo ano aparece: Izas, rabizas e colipoterras (conto e fabula)
* 1965: Viaxe a U.S.A. (que seria o derradeiro libro de romances de cego; publicado coas experiencias dos seus discursos na devandita Universidade); A familia do héroe e O cidadan Iscariote Reclús (tamén serían as duas últimas novelas cortas); Páxinas de xeografía errabunda e Viaxe o Pirineo de Lérida (libros de viaxes, a segunda sai publicada no xornal ABC); Novas esceas matritenses (contos e fabulas escrita en 7 series, tres primeiras neste ano, as restante no 1966).
* 1966: Madrid (libro de viaxe).
* 1967: María Sabina (apunte co que estrea o xenero do teatro).
* 1968: Diccionario secreto (tomo I, catalogado coma traballo de erudición).
* 1969: Vesperas, festividades e octavas de San Camilo de 1936 en Madrid (novela ambientada no Madrid do xullo do 1936), O servicio de algo (artigo), Homenaxe a O Bosco I. O carro do heno o o inventor da guillotina (unha homenaxe a O Bosco e no seu especial o cadro O Xardin das Delicias, que se pode ollar no Museo O Prado; transformado en apunte de teatro); Libro de guisados, manxurros e potaxes, de maese Ruperto de Nola (traduccion e adaptacion). No transcurso dun novo viaxe a Hispanoamérica, visita a Pablo Neruda na sua casa da Illa Negra.
* 1970: Barcelona (libro de viaxes).
* 1971: Diccionario secreto (tomo II, catalogado coma traballo de erudición).
* 1972: A bola do mundo (artigo).
* 1973: Oficio de tebras 5 (no que toca unha linguaxe intelectual e tecnico, sen pautas, signos de puntuacion, sen maiusculas, defragmentada 1194 elos para non darlle respiro o lector) e O tacatá oxidado (novelas).
* 1974: É nomeado presidente do Ateneo de Madrid, cargo que non chegou a ocupar. Ocupase en traducir e adaptar o libro Lenny.
* 1975: A resistible ascensión de Arturo Ui, de Bertolt Brecht (adaptacion e traduccion). Ve con bos ollos que o director Ricardo Franco estrease o filme Pascual Duarte, basado na novela de 1942.

1976-1990


* 1976: Rol de cornudos (conto e fabula), Enciclopedia do erotismo (traballo de erudición que concliuria un ano despois); segundo Doutorado Honoris Causa da Universidade de Birmingham. Doctor of Letters honoris causa (Gran Bretaña, o 8 de Xullo do 1976).
* 1977: O 27 de marzo, Cela responde na Real Academia Española da Lingua o descurso de recepción do novelista Gonzalo Torrente Ballester. Ambos disertan sobre o arte narrativo. Acontece que por designación real, Cela é nomeado Senador nas primeiras Cortes Xerais da transición democrática.
* 1978: Toma parte activa na revisión que o Senado efectúa sobre o texto constitucional elaborado no Congreso dos Deputados. A súa emenda insiste en denomina-la lingua oficial do Estado coma castelán ou español. Este ano tamén recibe o terceiro Doutorado Honoris Causa da Universidade de John F. Kennedy. (Bos Aires, Arxentina, o 4 de Xullo do 1978). No outono, a compañía Lope de Vega, dirixida por José Tamaio, estrea no Teatro da Comedia A Celestina, que Cela adapta ao castelán moderno. Á fronte do reparto figuran Irene Gutiérrez Caba, Teresa Rabal e Terele Pávez.
* 1979: Co comenzo do ano e coa convocatoria de novas eleccións xerais, Cela conclúe a súa etapa de Senador por designación real. Cunhas serenas Breves palabras de despedida, deixa de publicarse Papeles de Son Armadans, tras vinte e tres anos de existencia. Escribe Os soños vanos, os anxos curiosos (conto e fabula, apunte ou divertimento) e A Celestina (traducida e adaptada o ano anterior, pero cuns matices un pouco máis atractivos no castelán moderno).
* 1980: O 28 de Xaneiro é investido Doutor Honoris Causa pola Universidade Compostelá (Doutor Honoris Causa pola Facultade de Filoloxía). Asimesmo, concedeselle a Gran Cruz da Orde de Isabel A Católica. Tamén recibe outros dous Doutorados Honoris Causa polas Universidades de Palma de Maiorca. (o 22 de Xaneiro do 1980) e Interamericana. Doutor en Letras (San Xoán de Porto Rico, o 1 de Xuño do 1980).
* 1981: Publica Os vasos comunicantes e Volta de folla (artigos); O Quixote ( que seria a súa derradeira traduccion e adaptacion).
* 1982: O 18 de abril recibe o título de Fillo Predilecto de Padrón e o 22 é nomeado Académico de Honra da Real Academia Galega. No mes de maio, Camilo Xosé Cela recibirá o título de Fillo Adoptivo da ciudade de Torremexía, poboación pacense donde discurre acción da familia de Pascual Duarte. No Pazo de Marivent, o día 24 de agosto, é nomeado Carteiro Honorario pola Súa Maxestade O Rei. O 11 de outubro estrease en Madrid a película A Colmea, dirixida por Mario Camus e co guión de Xosé Lois Dibildos. Cela participa activamente no filme, interpretando a un dos personaxes: Matías Martí, o inventor de palabras. Este mesmo ano empeza a ter problemas co seu primeiro matrimonio, do cal decide a separación.
* 1983: En setembro aparece a sua esperada novela Mazurca para dous mortos (novela que seria levada o cine), e O xogo dos tres albedros (artigo).
* 1984: É nomeado Forense de Honor pola Asociación Nacional de Forenses, pola gran descripción dunha autopsia que fai na sua novela Mazurca para dous mortos. O 7 de decembro concedeselle o Premio Nacional de Literatura por Mazurca para dous mortos.
* 1985: Publica As forellas do neno Raúl e Vocación de repartidor (engadidas en contos e fabulas). Neste ano, tras un tempo de distanciamento da separación do seu primeiro matrimonio, decide finalmente concederlle o divorcio a súa primeira muller.
* 1986: No febreiro publicase o Nova viaxe a Alcarria (por contraste co orixinal, faino nun Rolls-Royce e con unha conductora de cor negra por acompañante). Recibe a Creu de Sant Jordi e o Libro de Ouro dos Libreiros Españois (CEGAL). Tamén este ano publica o artigo: O burro de Buridán e recibe outro  Doutorado Honoris Causa da Universidade Hebrea de Xerusalén. Doutor Philosophiae (Israel, o 19 de Xuño do 1986).
* 1987: O día 27 de marzo pola elevada calidade literaria da sua abundante e universalmente coñecida obra e pola sua significación singular dentro das letras hispanas deste seculo, nas que influiu considerablemente, Cela obten o Premio Príncipe de Asturias das Letras. É nomeado Cidadan de Honra da ciudade de Tucson (Arizona), co motivo do viaxe que o escritor realizou cara ese lugar na busca de datos e notas para unha novela que foi, finalmente, Cristo versus Arizona (que publicará un ano máis tarde). Recibe, xunto a outras ilustres personalidades entre as que se atopan Gonzalo Torrente Ballester, Xosé Neira Vilas o María Casares, a medalla Castelao da Xunta de Galicia. Traballa no guión da serie que, baseada no Quixote, rodará Gutiérrez Aragón. Asume a presidencia da Fundación Cultural Rich, co obxetivo de fomenta-la educación e a cultura mediante as axudas financeiras e a investigación. Publica A bandada de pombas (conto e fabula ou apunte e divertimento).
* 1988: Sae as librerias Cristo versus Arizona (novela de narración  caótica, aparecen centos de personaxes que se moven no primitivismo e na desolación. A novela é un longo monólogo, sen separación de páragrafos e sen puntos. O narrador, vai desfacendo na caótica asociación unhas anécdotas, e centos de personaxes. Todo enmarcado nun brutal Oeste americano, cunhos obsesivos ingredientes de sexo e violencia o presidido por unha falta idea do mundo.
* 1989: Co título Eloxio da fábula, pronunciou o seu discurso o 10 de decembro en Estocolmo (Suecia), ao recibi-lo Premio Nobel de Literatura. Xa publicara neste ano: Reloxio de area, reloxio de sol, reloxio de sangue (libro de poesia), Os Caprichos de Francisco de Goia e Lucientes (conto e fabula).
* 1990: A finais de abril comenza a rodaxe da película O Quixote, dirixida por Gutiérrez Aragón sobre os guions firmados por Cela, que cumple a sua promesa de retirarse a escribir. O 4 de novembro inicia a sua colaboración diaria co xornal O Independente, baixo o título de O camaleón solteiro. O 22 de decembro presentase o libro Galicia (que sería o seu derradeiro libro de viaxes) en Santiago de Compostela, obra ilustrada polo pintor galego Laxeiro, con fotografías de Víctor Vaqueiro. Publica, asimesmo, O home e o mar (conto e fabula). Para Cela este foi un ano Doutoris Honoris Causa, xa que recibiu seis doutorados polas Universidades de: Miami Doutor of letters (EE.UU., o 11 de Maio do 1990); Tel-Aviv, doutor philosophiae (Israel, o 6 de Xuño de 1990); Santo Domingo. Mestre Honorario da Facultade de Humanidades (República Dominicana, o 27 de Xuño do 1990); San Marcos (Lima, Perú, o 4 de Xullo do 1990); Dowling College Doutor of Humane Letters (Oakdale, Nova York, EE.UU., o 25 de Setembro do 1990) e Millersville Doutor of Humane Letters. (Pennsylvania, EE.UU., o 28 de Setembro do 1990).

1991-2002

* 1991: Arranca o ano publicando Cachondeos, escarceos e outros meneos (conto e fabula), Dende o pombar de Hita (artigo); dous Doutorados Honoris Causa polas Universidades de: Complutense. (Madrid, o 6 de Xuño do 1991) e La Trobe Doctor of Letters (Melbourne, Australia, o 16 de Decembro do 1991). O 10 de marzo contrae matrimonio con Mariña Castaño, xornalista que  coñecía, asegurou, dende fai anos. O día 11, na presenza dos Reis de España ten lugar a inauguración da Fundación Camilo Xosé Cela en Iria Flavia.
* 1992: Cela recibe o premio Mariano de Cavia de xornalismo polo seu artígo Soliloquio do xove artista, publicado no xornal O Independente o día 18 de febreiro de 1991. Na Biblioteca Nacional de Madrid inaugurase a exposición 50 anos de Pascual Duarte, donde presentanse 187 edicions do libro, tanto en español coma nas numerosas linguas as que foi traducido. Esta, nunha carpeta conservada na residencia parisina de Miguel Ánxo Asturias, un soneto (con toda probabilidade inédito) de éste, escrito en Palma de Maiorca e adicado a Camilo Xosé Cela. O soneto, ten de titul Don Quimero, unha adicatoria poética de Nobel a Nobel. E de novo volve a recibir dous Doutorados Honoris Causa polas Universidades de: Texas A&M Doutor of Letters. (College Station, Texas, EE.UU., o 14 de Agosto do 1992) e Saraxevo Gradus Doktoris scientiarum honoris. (Bosnia-Herzegovina, o 1 de Novembro do 1992; que recibiu en Iria Flavia, o 14 de Outubro do 1993).
* 1993: Neste ano, o reitor da mesma Universidade de Saraxevo, Jusuf Mulic, desprazase a Galicia para facer entrega do título concedido o ano anterior nun acto que ten lugar na sede da Fundación Camilo Xosé Cela en Iria Flavia. Coa asistencia dos Reis de España, é na que se inaugura unha estatua adicada o escritor, realizada polo escultor Víctor Ochoa, na Universidade Complutense. Presentase en Madrid A sima das penúltimas inocencias, obra de contos e fabulas con ilustracions de Xosé María Subirachs. Tamén publica O ovo do xuizo (artigo) e Memorias, entendementos e vondades (tras algun achaque de saude Cela escribe este derradeiro libro de memorias).
* 1994: Recibe o Premio Planeta pola sua obra A Cruz de San Andrés (relato minucioso da vida da protagonista, Matilde Verdú, dende os pequenos acontecementos ate os sucesos máis dramáticos da sua existencia, Matilde Verdú, é uns dos seudónimos que utilizou Cela nas suas primeiras publicacions. Por esta obra, Cela, tivo que afrontar unha demanda de plaxio formulada por unha das concursantes). Tamén recibe a Medalla Picasso da UNESCO. Tamén sae publicada O asasinato do perdedor (novela), A bote pronto (artigo), A dama páxara (conto e fábula). Recibe os Doutorados Honoris Causa polas Universidades de: Católica Fu-Jen. Doutoris in Litteratura. (Taipei, Taiwan, o 1 do Xullo do 1994) e Moderna Mestre Catedrático (Lisboa, Portugal, o 2 de Novembro do 1994; que recibiu o 19 do Xaneiro do 1995).
* 1995: No mes de marzo sae a luz o primeiro número dunha nova revista: O Extramundi e os papeis de Iria Flavia, dirixida polo Premio Nobel e editada na Fundación Camilo Xosé Cela. O 10 de maio inaugura na Torre do Homenaxe do Castelo de Torixa (Guadalajara), o museo adicado o seu libro Viaxe a Alcarria. Neste lugar están reunidas varias edicions da obra, así como utensilios da época na que foi escrita. A produccion deste escritor comenzou a mermar e xa neste ano acusouse o seu declive nas publicacions (declive que se iria alongando ate a sua morte). Segue a recibir máis Doutorados Honoris Causa polas Universidades de: Technische Universität Dresde. Doutor philosophiae (Dresde, Alemania, o 27 de Abril do 1995) e Pontificia Católica do Río Grande do Sul. Doutor en Letras (Porto Alegre, Brasil, o 8 de Novembro do 1995). No mes de decembro, o escritor galego inscribe o seu nome na lista de gañadores do Premio Cervantes, o máis importante galardón que se otorga as letras en lingua castelá. Trala alegría inicial pola concesión do premio, o escritor declara que "o meu oficio non é levarme premios, é escribir; os premios veñen por añadidura".                                                                                                                                                                                   * 1996: O Rei Don Xoan Carlos concédelle, no día do seu aniversario, o título de Marqués de Iria Flavia. O lema que acompaña o escudo do marquesado é O que resiste, gaña. O 24 de maio recibe a Medalla de Ouro ó Mérito no Traballo, xunto a nomes famosos, coma o humorista e escritor Antonio Mingote e ó poeta Rafael Alberti. O 26 de setembro Cela é nomeado académico de número da Real Academia Galega de Ciencias. Con todo e eso, Cela segue publicando; Poesía completa (sería o seu último libro de poesia), El color de la mañana (artigo). Novo Doutorado Honoris Causa pola Florida International University, Doutor of Letters. (Miami, Florida, EE.UU., o 29 de abril do 1996).
* 1997: Participa, xunto a personalidades coma Gabriel García Márquez, no I Congreso Internacional da Lingua Española en Zacatecas (México), onde pronuncia un discurso no acto inaugural.
* 1998: O 27 de febreiro, foi condecorado polo Xefe do Estado Maior do Exército do Aire coa Gran Cruz da Orde do Mérito Aeronaútico. O 11 de maio, coincidindo co seu aniversario, Cela é investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Ciencias Empresariais e Sociais de Bos Aires (Arxentina). Despois dun ano de descanso, publica: Diccionario geográfico popular de España (catalogado coma traballo de erudición coa colaboracion dun xove escritor e filólogo, Gaspar Sánchez Salas, que acode na súa axuda e, que posteriormente será o seu compañeiro e secretario de batallas ata a súa morte).
* 1999: En xaneiro recibe o Premio Anual da Asociación de Xornalistas de Galicia e en febreiro, é condecorado coa Orde do Libertador San Martín de Arxentina. O 25 de maio inaugura o Museo Ferrocarrileiro John Trulock. Sae da súa man Historias familiares (derradeiro conto e fabula), Madera de boj (derradeira novela, que nos sitúa nun lugar que os romanos entenderon coma o fin do mundo, o Finis Terrae, e dende alí, Cela olla cara á fachada marítima galega converténdose nun puntual notario da capacidade destrutora da Costa da Morte: dando fe dos naufraxios porque "ó tempo pódeselle  dar marcha atrás sempre con sabedoria e con cariño"; a novela foi levada o cine). Dous novos Doutorados Honoris Causa da Universidade de Filipinas (o 26 de xullo do 1999) e Kansai Gaidai (Xapón, o 23 de outubro do 1999) completan este ano.
* 2000: Publica o libro-homenaxe O Bosco II. La extracción de la piedra de la locura o invención del garrote (derradeiro apunte de teatro). O 25 de maio os Duques de Lugo inauguran a aula de Macías o Namorado na Fundación Camilo Xosé Cela. O 27 de maio é nomeado Académico de Honra da Real Academia Conquense de Artes e Letras. O 25 de setembro responde o discurso de ingreso de Carmela Arias de Rábago na Academia Galega das Ciencias.
* 2001: Presenta a reedición do libro La rosa. O 20 de abril é nomeado Sátrapa do Colexio de Patafísica. Recibe, en A Coruña, o Premio Casino Atlántico e o 24 de setembro é nomeado Galego do Mundo. O 24 de outubro, Manuel Fraga Iribarne e José María Aznar inauguran o aula de Nicasio Pajares na Fundación Camilo José Cela. O 14 de novembro recibe unha homenaxe na Biblioteca Nacional co motivo do cincuentenario da publicación da novela ''La colmena''.
* 2002: Na noite do 17 de xaneiro fina na clínica Centro de Madrid a causa dunha insuficiencia cardiorespiratoria. A capela é visitada polos Reis, e o Presidente do Goberno, xunto con numerosas personalidades da vida cultural e política. A última hora do serán os seus restos mortais son trasladados pola estrada ata a sede da Fundación do seu nome, en Iria Flavia, donde é veado por familiares e veciños. O día 18 de xaneiro, tras unha misa corpore in sepulto na antiga Colexiata de Santa María (donde foi bautizado 85 anos antes), foi soterrado no cemiterio de Adina, ó pé dunha oliveira centenaria. A casualidade quixo que esa oliveira fose a mesma que pedira Rosalía de Castro para ser soterrada no ano 1885.

O Vello Pancho

BiografíaO_vello_pancho

O 7 de maio de 1857 nace José María Alonso de Trelles y Jarén en Santa María do Campo, Ribadeo (Lugo). A súa nai Vicenta Jarén era galega, mentres que o seu pai, o mestre Francisco Alonso y Trelles era de orixe asturiana. O fogar de José María estaba enmarcado nun profundo sentimento cristián. O neno recén nado sería bautizado na parroquia de Santa María do Campo.
Arredores do ano 1861 a súa familia trasládase a localidade de Castropol (Asturias). Durante a súa nenez José María ingresa nun seminario da asturiana cidade de Navia, onde se traslada a súa familia. O propio Alonso de Trelles conta como comenzou o que sería anos despois a súa vocación de escritor: Aos sete anos era xornalista...tiraba tres exemplares (para tres únicos suscriptores, que non pagaban e que posiblemente non sabían ler).

Polo finais do ano 1871, volve coa súa familia o fogar natal, contaba daquela con 14 anos. Durante a súa adolescencia, José María estudiou perito mercantil, sendo esta a profesión que anos máis tarde lle permitiu vivir economicamente. Xa corria o ano 1875 e, cos 18 anos cumpridos, Alonso de Trelles parte para o Río da Prata despois de rematar os seus estudios mercantís. O seu primeiro porto de chegada foi Montevideo, onde estivo moi pouco tempo (apenas dous meses), para logo, trasladarse a Bos Aires onde se radicou no pobo de Chivilcoi (Chivilcoy), a varios centos de quilómetros da Capital Federal.

Entre 1875 e 1877 viviu neste curruncho da Pampa Arxentina. Trelles viu por primeira vez ao gaucho crioulo, familiarizouse co folclore riopratense, cunha nova forma de ser, dun ambiente mixtura do indio e do colono. A Arxentina naqueles anos estaba gobernada polo xeneral Roca, quen se caracterizou por arrasar cos indíxenas e colonizar ate a Patagonia. Para iso íase necesitar continxentes de inmigrantes que puideran poboar aquel extenso país. Entre 1860 a 1880 chegan 160.000 estranxeiros a maioría deles galegos e italianos. Coa conquista do deserto a oligarquía criolla imporá un novo modelo de país onde o indio e o gaucho non terán cabida.

Por aqueles anos un gaucho Galego de nome Juan Moreira convertíase en mito e en lenda. A súa vocación xornalística levouno a realizar as súas primeiras colaboracións na prensa de Chivilcoi. Pero a finais do ano 1877 o seu espírito inquedo levouno a se trasladar ao Uruguai onde pasou unha tempada en El Tala (uns 110 quilómetros de Montevideo), dentro do distrito de Canelones.

No 1881 editou a súa primeira obra Juan el loco da cal o mesmo Trelles di que era algo con notables pretensións de parecerse a un poema. Esta dividida en dúas partes: Sueños y Realidades, trátase dunha lamentación romántica, con moita influencia de Espronceda. Durante un breve tempo desprazouse a vivir á zona

Brasil de Sarandí Garupá, case límite con Uruguai, para retornar novamente a El Tala. No 1882 casou con Dolores Ricetto, con quen terá catro fillos. Trelles asociouse co seu sogro poñendo unha casa de comercio. A súa vocación xornalística foi máis forte que o seu sentido comercial, levando á quebra esta sociedade mercantil. Seguindo os consellos do xuíz de paz da localidade - Pedro Sozo- realizou a carreira de Notariado, adicándose posteriormente á procuración.

No El Tala, Trelles captou rapidamente o carácter do lugar e da xente. Aprende as lendas. Incorporouse a linguaxe lugareña converténsose nun criollo máis. José María Alonso de Trelles, que anos máis tarde sería chamado popularmente co alcume de "El Viejo Pancho", converteuse no escritor gauchesco máis importante da literatura Uruguaia, algo así como o José Hernández dos arxentinos.

No 1892, con motivo do cuarto centenario do descubrimento de América, Trelles escribiu a obra teatral Colón, escrita especialmente para ser interpretada por un conxunto de nenas dun colexio. Outras das obras teatrais son: Crimen de Amor, Un drama en Palacio, Los dos veteranos, Spion Kook, Caida y Redención, Gaucha ... Do 1894 ao 1900 destacouse escribindo en El Tala Cómico e Momentáneas, órganos de prensa sen antecedentes neste país. Estas revistas tiñan a grande virtude de ser realizadas integramente por Trelles desde a súa impresión rudimentaria, ata as ilustracións e artigos cheos de ironía punzante. Pero xa nos anos 1896 e 1897 colaborou coas revistas nativistas El Ombú e El Fogón, nas cales publicou varios dos seus poemas máis destacados. A modalidade xornalística de Trelles estaba moi influenciada polo xornalismo que realizaba no estado español a revista El Madrid Cómico, coa grande diferencia que esta publicación contaba cun equipo extraordinario de xornalistas, namentres que Trelles traballaba solitario nun recuncho illado do Uruguai cara El Tala Cómico.

O escritor uruguaio Pedro R. Barreiro autor do libro El Viejo Pancho, un gallego en la poesía nativista oriental editado polo Padroado da Cultura Galega, dixo de Trelles: Entendeu o home de Ribadeo, no pouco tempo, a gran traxedia, o drama intenso e o remate dun tipo humano e un modo de cavilar, de vivir e de sentir condeados a desaparición, a extinción, perseguidos, execrados, anatematizados como factor de atraso, anarquía, barbarie e miseria despois de haber ocupado o pedestal de artífices da épica xesta da independencia...

El Viejo Pancho foi un dos tantos galegos que se afincaron no Uruguai e que despois de provir dunha formación estrictamente relixiosa evolucionan cara o rexeitamento de dogmas. Isto era moi común que os emigrantes logo de soportar o caciquismo da igrexa (que frecuentemente a dona das terras que traballaban) e as presións dunha moral dubidosa. Ao llegar ao novo continente síntense liberados daquelas ataduras. Este foi o caso de destacadas persoalidades galegas que foron contemporáneas de Trelles no Uruguai, quen se incorporaron ás correntes do libre pensamento e na masonería. Entre os máis coñecidos están o Xeneral Antonio Díaz, Joaquín de la Sagra (irmán do famoso intelectual Ramón de la Sagra), Adolfo Vázquez Gómez, e o propio Trelles entre outros.

En 1902 nacionalizouse uruguaio e incorporouse á vida política deste país. Nas posteriores eleccións presentouse polo Partido Nacional, resultando electo deputado suplente polo departamento de Canelones na 23 lexislatura, entre 1908 e 1911, ingresando no Parlamento e ocupando unha banca na Cámara de Representantes ao finar o titular do escano.

O destacado historiador uruguaio Carlos Zubillaga dixo do seu pensamento político: "... Nesa búsqueda das mellores esencias humanas no ámbito reducido da comunidade tola, que Alonso de Trelles protagoniza no seu pago de Tala e que o leva a acción política -xa na Asemblea Representativa Departamental de Canelones, xa na Cámara de Deputados-, reside outra expresión inocultable do seu ser galego. Alonso de Trelles defensor das autonomías locais na sua patria de adopción non fai máis que traducir a realidade social e política dos seus novos horizontes vitais, o sentimento de respeito e a adhesión militante do galego a sua parroquia, a esa unidade local que está inserida nas raíces máis lexítimas do accionar social na Galiza rural..."

Cando Trelles estaba na súa mediana idade logrou cumprir cun dos seus soños de toda a vida, volver a Ribadeo e abrazar a súa nai xa moi maior. Desde a súa vila mariñeira ate Navia, percorreu con nostalxia a cornisa cantábrica. As súas lembranzas da nenez, os seus primeiros artigos xornalísticos, os anos no seminario, mesturánbanse coas altas montañas desde onde cando era pequeno pensaba que podía mirar ao mundo.

A obra literaria de Trelles destacou fundamentalmente na expresión poética. A súa primeira obra de carácter nativista foi Resolución. Con esta obra pasou a ser coñecido en Montevideo a través das páxinas de El Fogón. Posteriormente Trelles reuniu a súa produción poética nun único libro chamado Paja Braba co que acadou a súa máxima proxección literaria. Trelles tamén incursionou no teatro, dirixindo un grupo teatral, mais foi na poesía e no xornalismo onde pasou a se converter no gran escritor costumista de fins de século. O 18 de xaneiro de 1922, é homenaxeado pola Asociación Rural de San José, feito que se fixo eco nos xornais de Montevideo.

Os derradeiros anos da súa vida son discutidos por varios biógrafos. Certo é que viviu en Montevideo, onde faleceu logo dunha longa enfermidade asociada a peritonite o 28 de xullo de 1924 (ou 28 de febreiro de 1924, segundo outras versións) con 51 anos de idade. Segundo a súa vontade expresada en vida, os seus restos foron repousar xunto aos do seu fillo maior, no camposanto de El Tala. 
O 1 de setembro de 1957 os galegos residentes no Uruguai inauguraron en Ribadeo, un monumento co busto do célebre escritor galego-uruguaio que para todos será o "Viejo Pancho".

ObrasO_vello_pancho2

Presentamos un resumo das obras deste escritor ribadense segundo a orden en que foron aparecendo:
* 1881 o poema Sueños y Realidades que se publicou en xornais da época e que engrosaría a ser unha parte do libriño Juan el Loco.
* 1887 Juan el Loco, libriño dos que xa sairan publicados alguns fragmentos no 1881 (acostumaba a firmar cos seudónimos Candil y Tácito ou el manco de Santa Rosa).
*1889 os poemas Fruta del Tiempo e Vidalitas en colaboración para xornais e revistas da época.
*1891 o poema Crimen de Amor, publicado en xornais da zona.
*1892 o poema tratral Colón, tamén publicado en xornais da época.
*1899 os poemas Desencanto ¡A Volar!, Resolución e Zonceras para as publicacións de entonces.
*1900 o poema A lo Escuro para xornais da época.
*1902 Spion Kook (segundo outro autores é Spyon Kop), peza teatral.
*1913 ¡Guacha!, peza teatral na que de da a coñecer co seudónimo de "El Viejo Pancho"; os poemas para as publicacións da época Caidas.
*1916 Paja Brava (tivo 15 edicións ate 1954; na terceira delas, en 1923, foi aconpañada de debuxos e ilustracións de artistas nacionais; a derraderira das reimpresión normais data de 1988; derradeira reimpresion commemorativa en xullo de 1998 a cargo de Gustabo San Román publicada en Santiago de Compostela polo Centro Ramón Piñeiro de Investigación de Humanidades), libro de poesía.
*1919 o poema Misterio (publicacions da época, como El Terruño).
*1920 os poemas ¡Como todas! e Lo que no Envejece. E posiblemente o poema Mágoa (aunque outros autores din que é do 1922)
*1922 o poema Mi Testamento
*1923 o poema A mi Rancho

Outras obras sen datar
Un drama en Palacio, Los dos veteranos, Caida y Redención, ...

Homenaxes


Entre as homenaxes que se poideron constatar, encontranse as siguintes:
*8 de xaneiro de 1922, celebración o estilo gaucho en San José, Uruguai.
*Na data anterior a 1941, bautismo da rúa e praza co nome de "El Viejo Pancho" en Montevideo.
*25 de xullo de 1943, prantación dun ceibo, árbore nacional de Uruguai, e colocación dunha placa conmemorativa na praza da rúa que leva o nome “El Viejo Pancho” en Montevideo.
*3 de marzo de 1946, homenaxe en Ribadeo: velada literaria a fin de que todolos ribadenses podan enterarse da categoría artística alcanzada polo máis ilustre ribadense de todolos tempos e creación do Comité Hispano-Uruguaio para o Monumento o poeta na sua vila natal.
*28 de xullo de 1946, novo homenaxe en Ribadeo, que incluiu o descubrimento dunha placa conmemorativa na fachada da casa donde foi nado.
*1 de setembro de 1957, conmemoración do centenario do nacemento de Trelles en Ribadeo, que incluiu a inauguración da Biblioteca Pública “El Viejo Pancho” e o descubrimento na Praza de España de un dos dous bustos xemelgos do poeta, creados polo escultor uruguaio José Luis Zorrilla de San Martín; o segundo foi colocado o mesmo ano na Praza El Viejo Pancho de Montevideo.

Ligazón Externa


Permiso concedido por http://galizacig.com/ apartado migración

  • Este autor (Xelo) concede o permiso o usuario Agremón para que poida editar o artigo enteiro con cesión única e exclusiva a Galipedia; para calquér outro proxecto, pregaselle se dirixan o mesmo autor por correo interno. Grazas.

martes, enero 17, 2006

A voltas cos cans

Non hay dúbida, por máis que se lles dice os propietario/as dos pobres animais. alguns animais vense na obriga de esta suxeitos o seu dono/a, so porque a éste non lle apetece moverseNon temos nada que facer, un "erre que erre"; pero esta xente segue no mesmo. Ven se ve que ninguén está no pelexo do pobre animal, que non lle queda máis remedio que facelas necesidades aló onde o levan e, as veces, o sosteñen forzado.
Lembro que as veces teñense feito comentarios cos donos destes animais, pero a pesardes de certos "piques", non asemellan pillala indirecta do tema. É máis, mesmamente ten saido alusións na contra do alcalde da cidade e outras na prol de quen esto escribe; sinalemos pois algunhas, de tantas e tantas que este servidor ten oido, e a pesardes de ter bo corazón, mesmamente acaban afectando a moral dun mesmo.
Vexamos pois algunhas das mesmas:
Na contra do alcalde:
> Estalle ven empregado, por non poñer as cousas a disposición da xente.
> ¡As multas!, veña ohh, xa pago dabondos impostos.
> Que poña a traballar os de limpeza das rúas, que cobran dabondo para facela vista gorda.
> Que veña o Sr. Alcalde a recolle-las. Etc....
Na contra do meu ego:
> Se tanta estima lle tes, recollea ti mesmo.
> Que pasa, é que o can non te dereito a "cagar"?.
> ¡Toma, faite cargo del!. Haber onde o levas?.
> Non teño tempo de levalo a outro lugar, os xardíns estan medio descuidados e hai que abonalos.
> Se ves que nunca tiveches un can, comportaste igual que eles. Etc...
E outras tantas. Pois claro que tiven cans; fun natural dunha aldea, e mesmamente tamén os tiven aquí, na cidade. Pero a faia de medios e maila vivenda; que non soe estar acondicionada para estos animais. Un vese na obriga de ter que buscarlle un medio onde poder subsistir, sen recurrir a perreira municipal e tampouco deixalos abandoados. Dos dous que tiven; o primeiro era fillo dunha cadela (trouxemos os dous para a cidade); pero o pobre, debido a súa raza e mailo seu tamaño, a casiña quedabaselle en pouco. A través de amizades logramos que un señor de Castelo se quedase con el. Tempo máis tarde soubemos que morrera atropelado polo tren, namentres (segundo a fonte) saltaba a parede. O que foi de certo no tema este aún o dubido hoxe, pero a pobre do canciño (onde quera que fuse) acabaronselle os sufrimentos.
Quedabanos a cadela que, aunque ía sendo velliña, polo menos no era tan briosa coma o pobre do fillo e conformábase con calquer cousa. Con tempo e a forza de adicarlle tempo (que máis ven roubabas doutras cousas; incluso do descanso) notamos que o pobre animal tropezaba contra as cousas; xemía un lastimeiro ¡hai! pero tiraba para adiante; cando andaba na epoca, non deixaba arrimarse os cans (se coñecía que xa ía vella). Xa notabas que o seu interese íase perdendo nas cousas (e é que hai que lembrarlle a xente que 1 ano dos nosos, equivale para un can unha media de 7); xa non daba comido e xa vía pouco. Tras deliberar con demáis compoñentes da familia. Unha cousa estivo clara. Abandoala non se pode, doala no seu estado ou para a perreira, tampouco. Na contra das nosas crenzas relixiosas optouse pola solución máis drástica, soa un tanto escalabroso decilo, era a de sacrifica-la. A xente non ten nin idea do que se sofre o ver coma un animal que te acompañou toda a súa vida, se lle pela un perna cunha coitela de afeitar para, a continuación, cunha xeringa, inxerirlle a través dunha vea o producto que vai transporta-lo pobre animal a outro mundo. Un mundo que, ende xamáis, saberemos se lle vai a ser mellor ou peor que este que lle tocou vivir. Pero o certo é; unha cousa é contalo, outra é velo.
Pero nembargantes a vida sigue; e a tozudez da xente vai con ela. Séguese a pelexar para que os donos dos animáis; que en certo número de casos, soen ser caprichos dos nenos (caprichos que logo, polo que o crio non quere asumi-las súas resposabilidades perante a ter unha "mascota"), arremete contra ésta coa única solución. O abandono. ¡Que pouca sensibilidade hai neste mundo!.
Por outra está o esposto nun principio (con dúas fotos que demostran que non hai sensatez por parte dos donos nin mentira por parte miña), tratase de convencelos de que éste no é o lugar máis adecuado para traer os pobres animais a facelas súas necesidades. Este é un lugar onde, xeralmente os pequenos soense votar por enriba da herba e xogar a escarabullar nos buracos das teipes. Se por enriba andamos traendo os cans: eu so vexo dúas cousas de cara o verán:
1º) O pequeno está esposto a contraer calquer enfermidade (non fai faia decir -ademáis a foto de enriba o demostra- que na inocencia o crio está, case sempre, en meterse as cousas na boca -non se repara como teña as mans-, él faino). Que buscamos: Un lugar de recreo para os máis cativos ou un foco de infeccións?.
2º) Co tempo do verán, estas zonas, que no resto do ano levan acumulado tanta "bondadeza animal" son os prefectos criadeiros de moscas e outros inseptos do gremio; amén dun rebulleo de colonias que embriagan ate o máis borracho. ¡Fermosa a conciencia veciñal e dos cidadans nestos lares!. Benvidos a realidade do mundo o que estamos a vivir.