martes, enero 17, 2006

A voltas cos cans

Non hay dúbida, por máis que se lles dice os propietario/as dos pobres animais. alguns animais vense na obriga de esta suxeitos o seu dono/a, so porque a éste non lle apetece moverseNon temos nada que facer, un "erre que erre"; pero esta xente segue no mesmo. Ven se ve que ninguén está no pelexo do pobre animal, que non lle queda máis remedio que facelas necesidades aló onde o levan e, as veces, o sosteñen forzado.
Lembro que as veces teñense feito comentarios cos donos destes animais, pero a pesardes de certos "piques", non asemellan pillala indirecta do tema. É máis, mesmamente ten saido alusións na contra do alcalde da cidade e outras na prol de quen esto escribe; sinalemos pois algunhas, de tantas e tantas que este servidor ten oido, e a pesardes de ter bo corazón, mesmamente acaban afectando a moral dun mesmo.
Vexamos pois algunhas das mesmas:
Na contra do alcalde:
> Estalle ven empregado, por non poñer as cousas a disposición da xente.
> ¡As multas!, veña ohh, xa pago dabondos impostos.
> Que poña a traballar os de limpeza das rúas, que cobran dabondo para facela vista gorda.
> Que veña o Sr. Alcalde a recolle-las. Etc....
Na contra do meu ego:
> Se tanta estima lle tes, recollea ti mesmo.
> Que pasa, é que o can non te dereito a "cagar"?.
> ¡Toma, faite cargo del!. Haber onde o levas?.
> Non teño tempo de levalo a outro lugar, os xardíns estan medio descuidados e hai que abonalos.
> Se ves que nunca tiveches un can, comportaste igual que eles. Etc...
E outras tantas. Pois claro que tiven cans; fun natural dunha aldea, e mesmamente tamén os tiven aquí, na cidade. Pero a faia de medios e maila vivenda; que non soe estar acondicionada para estos animais. Un vese na obriga de ter que buscarlle un medio onde poder subsistir, sen recurrir a perreira municipal e tampouco deixalos abandoados. Dos dous que tiven; o primeiro era fillo dunha cadela (trouxemos os dous para a cidade); pero o pobre, debido a súa raza e mailo seu tamaño, a casiña quedabaselle en pouco. A través de amizades logramos que un señor de Castelo se quedase con el. Tempo máis tarde soubemos que morrera atropelado polo tren, namentres (segundo a fonte) saltaba a parede. O que foi de certo no tema este aún o dubido hoxe, pero a pobre do canciño (onde quera que fuse) acabaronselle os sufrimentos.
Quedabanos a cadela que, aunque ía sendo velliña, polo menos no era tan briosa coma o pobre do fillo e conformábase con calquer cousa. Con tempo e a forza de adicarlle tempo (que máis ven roubabas doutras cousas; incluso do descanso) notamos que o pobre animal tropezaba contra as cousas; xemía un lastimeiro ¡hai! pero tiraba para adiante; cando andaba na epoca, non deixaba arrimarse os cans (se coñecía que xa ía vella). Xa notabas que o seu interese íase perdendo nas cousas (e é que hai que lembrarlle a xente que 1 ano dos nosos, equivale para un can unha media de 7); xa non daba comido e xa vía pouco. Tras deliberar con demáis compoñentes da familia. Unha cousa estivo clara. Abandoala non se pode, doala no seu estado ou para a perreira, tampouco. Na contra das nosas crenzas relixiosas optouse pola solución máis drástica, soa un tanto escalabroso decilo, era a de sacrifica-la. A xente non ten nin idea do que se sofre o ver coma un animal que te acompañou toda a súa vida, se lle pela un perna cunha coitela de afeitar para, a continuación, cunha xeringa, inxerirlle a través dunha vea o producto que vai transporta-lo pobre animal a outro mundo. Un mundo que, ende xamáis, saberemos se lle vai a ser mellor ou peor que este que lle tocou vivir. Pero o certo é; unha cousa é contalo, outra é velo.
Pero nembargantes a vida sigue; e a tozudez da xente vai con ela. Séguese a pelexar para que os donos dos animáis; que en certo número de casos, soen ser caprichos dos nenos (caprichos que logo, polo que o crio non quere asumi-las súas resposabilidades perante a ter unha "mascota"), arremete contra ésta coa única solución. O abandono. ¡Que pouca sensibilidade hai neste mundo!.
Por outra está o esposto nun principio (con dúas fotos que demostran que non hai sensatez por parte dos donos nin mentira por parte miña), tratase de convencelos de que éste no é o lugar máis adecuado para traer os pobres animais a facelas súas necesidades. Este é un lugar onde, xeralmente os pequenos soense votar por enriba da herba e xogar a escarabullar nos buracos das teipes. Se por enriba andamos traendo os cans: eu so vexo dúas cousas de cara o verán:
1º) O pequeno está esposto a contraer calquer enfermidade (non fai faia decir -ademáis a foto de enriba o demostra- que na inocencia o crio está, case sempre, en meterse as cousas na boca -non se repara como teña as mans-, él faino). Que buscamos: Un lugar de recreo para os máis cativos ou un foco de infeccións?.
2º) Co tempo do verán, estas zonas, que no resto do ano levan acumulado tanta "bondadeza animal" son os prefectos criadeiros de moscas e outros inseptos do gremio; amén dun rebulleo de colonias que embriagan ate o máis borracho. ¡Fermosa a conciencia veciñal e dos cidadans nestos lares!. Benvidos a realidade do mundo o que estamos a vivir.